Evento: Mulleres sen regras
Mulleres sen regras
martes, 1 xullo, 2025 a venres, 29 agosto, 2025
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Mulleres sen regras
Mostra bibliográfica
No imaxinario colectivo preséntase a menopausa como a antesala da vellez, un estado máis penalizado nas mulleres que nos homes. Por iso, xera pánico á exclusión, tanto social, como afectiva, sexual e laboral cando, en realidade, nesa etapa da vida, a unha muller inda lle quedan décadas de vida, e dunha vida tan venturosa como se podería ter en calquera outro momento.
Nesta mostra, na que combinamos estudos biomédicos e socioculturais con ficción, queremos tamén falar do cambio de imaxe da vellez feminina, algo que no mundo no que agora habitamos non parece posible.
Pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca