Evento: Iluminacións
Iluminacións
Agata Zaj?c, directoraSilvia Rozas Ramallal, frauta
- Cometa: Encarga a Helena Cánovas Parès. Estrea absoluta
- Wolfgang Amadeus Mozart: Concerto para frauta núm. 1 en Sol maior, KV. 313 (285c)
- Francis Poulenc: Sinfonietta
Auditorio de Galicia, 20:30 hCONVERSANDO CON… Agata Zaj?c e Silvia Rozas Ramallal
A proposta de Helena Cánovas abre un concerto iluminado por un Mozart de tan só 22 anos, que en 1778 vive un ano tráxico, cando a súa nai morre en París mentres o acompañaba nunha xira. A beleza e perfección do Concerto para frauta núm. 1 elévanse por riba da adversidade, contradicindo a idea tan manida de que o músico sentía aversión por este instrumento de vento.
Autodidacta e cunha desbordante cultura, Francis Poulenc deixou unha inmensa obra, cada vez máis valorada. Guiado polo seu amor a Bach e apegado á melodía como referente a reivindicar, compuxo en 1947 a Sinfonietta, unha obra ecléctica, de magnífica orquestración, que recolle distintos estilos nunha refinada atmosfera neoclásica.
Máis eventos de tipo Concerto