Evento: Concerto de Reis: A Cincenta

Concerto de Reis: A Cincenta
luns, 5 xaneiro, 2026 a martes, 6 xaneiro, 2026
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Concerto de Reis: A Cincenta

Coa creativa dramaturxia de Lorena Conde, a Real Filharmonía de Galicia trae este conto popular ao escenario nun espectáculo divertido e familiar, ideal para gozar xuntos. Un plan perfecto para regalar este Nad...

Baldur Brönnimann, directorLorena Conde, dramaturxiaBelén Constenla, actrizLidia Veiga, actriz
Sergei Prokófiev: A cincenta (selección)
De neno prodixio do piano, Prokófiev converteuse nun dos grandes compositores de Europa. Casado coa soprano española Lina Codina —cuxo carisma inspirou a Coco Chanel para o seu famoso perfume núm. 5—, deixou obras brillantes como O amor das tres laranxas e Pedro e o lobo, mentres vivía aventuras propias dun filme de espionaxe, con misterios e ata un triángulo amoroso. A Cincenta estreouse en 1945 e foi unha das poucas historias cheas de felicidade dese ano tan complicado. Nesta obra máxica, Prokófiev conta en música o amor soñado entre Cincenta e o Príncipe: dende o seu encontro ata os seus retos, pasando polo momento emocionante do final feliz. Coa creativa dramaturxia de Lorena Conde, a Real Filharmonía de Galicia trae este conto popular ao escenario nun espectáculo divertido e familiar, ideal para gozar xuntos. Un plan perfecto para regalar este Nadal ou para sorprender aos máis pequenos no día de Reis.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5