Evento: Selección novo/a director/a asistente

Selección novo/a director/a asistente
xoves, 11 decembro, 2025 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Selección novo/a director/a asistente

A selección de director/a asistente é un proxecto da Real Filharmonía de Galicia co que a orquestra busca contribuír á formación práctica de novas direccións orquestrais, ofrecendo unha experiencia real de trab...

Baldur Brönnimann e finalistas

  • Cometa: Encarga a Joan Magrané. Estrea absoluta
  • György Ligeti: Concerto romanés
  • Ludwig van  Beethoven: Sinfonía núm. 1 en Do maior, Op. 21

CONVERSANDO CON… Baldur BrönnimannSala Mozart, 19:45 h
A selección de director/a asistente é un proxecto da Real Filharmonía de Galicia co que a orquestra busca contribuír á formación práctica de novas direccións orquestrais, ofrecendo unha experiencia real de traballo cunha orquestra profesional ao longo do ano 2025. A través dun proceso de selección, diferentes candidatas e candidatos teñen a oportunidade de dirixir a RFG nun concerto aberto ao público. A iniciativa forma parte do compromiso da RFG coa educación musical e co futuro do sector, facilitando o camiño a novas xeracións de artistas. A orquestra dirixida polas persoas aspirantes interpretará o Concerto romanés de Ligeti no que canalizar a forza expresiva que descubriu no folclore romanés “auténtico” e a Sinfonía núm. 1 de Beethoven, obra que foi acollida con certa incomprensión,  especialmente polo tratamento innovador e audaz do xénero, trazos que marcarán toda a súa produción sinfónica futura.
 

Máis eventos de tipo Concerto

A raíz do pensamento
24 de xullo
Praza da Igrexa
Tres pesos
24 de xullo
Praza dos Irmáns García Naveira
A zanfona e o Camiño de Santiago
24 de xullo
Igrexa de San Bartolomeu
Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove