Evento: Cantamos!

Cantamos!
xoves, 18 decembro, 2025 a venres, 19 decembro, 2025
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Cantamos!

O director galego Javier Fajardo volve poñerse á fronte de /Cantamos!/, proxecto co que a Real Filharmonía convida a participar a todos os coros galegos afeccionados que o desexen. A terceira edición desta inic...

Proxecto participativo con coros de GaliciaJavier Fajardo, directorMilan Périsic, barítonoAndrea Rey, mezzosoprano
Aberturas, coros e arias das óperas máis representativas de Wolfgang Amadeus Mozart, Gioachino Rossini, Giuseppe Verdi, Gaetano Donizzeti  e Georges Bizet.
Proxecto en colaboración con: Federación de Coros De Galicia e Amigos da Ópera de Santiago de Compostela
O director galego Javier Fajardo volve poñerse á fronte de Cantamos!, proxecto co que a Real Filharmonía convida a participar a todos os coros galegos afeccionados que o desexen. A terceira edición desta iniciativa participativa céntrase na ópera, un xénero de vocación universal que, porén, tantas veces permanece alleo ao gran público. Cantamos! permite achegarse a ela dun xeito único: interpretándoa e escoitándoa desde dentro, nunha experiencia colectiva de gran valor transformador. Mozart, Rossini, Verdi, Donizeztti e Bizet son imprescindibles por esta razón. A súa música relata historias de amores e celos, de coraxe e entrega, de renuncias e xenerosidade. As súas óperas forman parte da vivencia da humanidade e seguen a ser unha ferramenta viva para a transmisión de emocións, coñecemento e identidade colectiva. Que mellor maneira de amalas que dando vida ás súas partituras.
CONVERSANDO CON… Javier FajardoSala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM