Evento: Concerto de Cineuropa

Concerto de Cineuropa
xoves, 20 novembro, 2025 a venres, 21 novembro, 2025
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Concerto de Cineuropa

Concerto da Real Filharmonía de Galicia centrado no Festival Cineuropa

Ben Voce, director

  • Sing-Sing. Estrea en España
  • Director do filme: Greg Kwedar
  • Música: Bryce Dessner (2023)

Cineuropa chega este ano aos atrís da Real Filharmonía con Sing-Sing, película dirixida por Greg Kwedar e estreada en 2024. Probablemente o nome de Bryce Dessner se asocia máis ás bandas sonoras de The Revenant ou Os dous Papas, aínda que o músico de Ohio conta cunha sólida traxectoria sinfónica. En Dessner conflúen o compositor de música orquestral e o guitarrista de rock da banda The National, con premios como os Globos de Ouro e os Grammy en ambas facetas. Entre as súas influencias conviven, con sorprendente harmonía, Brian Eno, Johann Sebastian Bach e Steve Reich. Para Sing-Sing, Dessner traduce en música o leitmotiv do filme —o poder transformador da arte como forza de resistencia dun home inocente, encarcerado— e faino a través dunha partitura que evoca, ante todo, a liberdade.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo
Metrika
18 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Deixa que che conte
19 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións