Evento: III Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"

III Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
luns, 9 xuño, 2025 - 09:30
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

III Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"

Unha nova posta en común e de diálogo sobre a actualidade do sector do viño e o seu futuro

Tras a grande aceptación das anteriores xornadas, o Museo do Viño de Galicia volve convocar unhas xornadas que pretenden establecer un marco de reflexión e diálogo co sector do viño sobre o futuro da vitivinicultura galega. Nelas participarán diferentes axentes do sector, dende a viticultura ata a fabricación de rollas, pasando pola enoloxía e a historia.
A organización destas xornadas contará coa participación da Asociación de Viticultura Artesá de Galicia, a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia. A entrada é de balde, ata completar o aforo.

A identidade dun territorio vitivinícola.

Esta xornada abordará a visión sobre o concepto de identidade nun territorio vitivinícola: as súas características físicas e culturais, aquilo que o diferencia e singulariza. Asi mesmo, definirase o concepto e a importancia da viña como unidade de expresión e calidade dun viño, e a diferenza entre unha variedade de uva e o territorio. Como pano de fondo, estará presente a clasificación dun territorio vitivinícola baixo criterios de calidade, compromiso e responsabilidade.

O programa ao longo do día é o seguinte:

- 9:30 h. "A viña como proxecto de vida. Ao meu xeito". Por José Luis Mateo, viticultor e produtor en Quinta da Muradella
- 10:30 h. "O que importa". Visión dunha sommelier sobre o futuro do viño en Galicia: territorio ou variedade?. Por Carlota Iglesias Vázquez, sommelier no restaurante Cabanas, Premio Madrid Fusión Juli Soler ao Talento e Futuro do Viño.
- 11:30 h. Descanso café
-  11:45 h. '"O auxe dos territorios vitivinícolas en Cataluña: zonificación vs variedade de uva". Por Sergi Montala, sommelier e propietario de Stones Vins.
- 12:30 h. "Como entender un viño: o territorio si que importa”. Por Marta Cortizas, sommelier do restaurante Celler de Can Roca, mellor Sommelier de España 2025.
- 13:30 h. Mesa redonda: "O mundo do viño: está en crise? Que busca o consumidor: a variedade de uva ou o territorio? Como vos gustaría que fose o futuro do viño en Galicia? Que ocorre no Ribeiro? Cara a onde vai?

- 14:30 h. Xantar

- 17:00 h. Percorrido polo territorio vitivinícola, proxectos e variedades.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello