Evento: Indumentaria popular galega
Indumentaria popular galega
sábado, 31 maio, 2025 a domingo, 15 xuño, 2025
Praza da Inmaculada,
Santiago de Compostela Indumentaria popular galega
Nesta exposición, enmarcada nos actos do 30 aniversario da Asociación do
Traxe Galego, reuniranse entre quince e vinte traxes antigos completos, ou
semicompletos, das catro provincias galegas.
Nesta exposición, enmarcada nos actos do 30 aniversario da Asociación do Traxe Galego, reuniranse entre quince e vinte traxes antigos completos, ou semicompletos, das catro provincias galegas.
Máis de 100 prendas xuntas no mesmo lugar. Así mesmo contarase tamén con réplicas exactas de prendas antigas, das que só se ten coñecemento por fotos ou porque o seu estado de deterioro non permite que sexan expostas.
Trátase de traxes datados entre o século XVIII, XIX e principio do XX que responden ás características máis representativas do vestir das clases populares das distintas comarcas galegas neste período histórico e que permiten ter unha perspectiva real e mesmo física da verdade da indumentaria de Galicia.