Evento: Curso de Alcogravado

Curso de Alcogravado
luns, 30 xuño, 2025 a mércores, 2 xullo, 2025
Colección Visitable Fundación Museo de Artes,
Ribeira

Curso de Alcogravado

Nova convocatoria deste obradoiro de experimentación cunha nova técnica de gravado

Un obradoiro de gravado coa técnica do alcogravado, que está dirixido por José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e o Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía da Animación da USAL) e o seu equipo. O curso está limitado a 12 prazas e está dirixido a artistas plásticas e/ou persoas licenciadas en Belas Artes e xente interesada no mundo da estampa.

O artista-gravador José Fuentes Esteve descubriu no ano 1984 unha nova técnica de gravado que chamou alcograbado.

O alcogravado é un proceso de gravado sobre metal con mordente que achega unha nova alternativa de creación de imaxe con mancha completamente distinta das técnicas de gravado con mancha tradicionais.

Esta técnica deuna a coñecer na súa Tese Doutoral titulada “Achega ás técnicas tradicionais do gravado en talla”, defendida en 1986 e difundida nunha exposición na Calcografía Nacional de Madrid nese mesmo ano. Desde que se deu deu a coñecer esta técnica tivo, por unha banda, unha difusión progresiva na que numerosos artistas gravadores usárona e úsana como un dos procesos empregados nas súas obras, como Miquel Barceló na serie “Lanzarote”. Por outra banda, esta técnica evolucionou desde as súas orixes da man de José Fuentes introducindo novos e descoñecidos aspectos que lle dan unha maior riqueza e variedade de tratamentos gráficos.
A través desta técnica pódense crear imaxes con manchas moduladas con distintos tons e texturas que se configuran nunha estrutura de puntos nos que a variación de tamaño dos puntos e a densidade dos mesmos constrúen as máis diversas gamas tonales e texturales das manchas.

O curso realizarase o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo:

Luns, 30 de Xuño 2025: de 16.00 a 20.00 h

Martes, 1 de Julio 2025: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00

Mércores, 2 de Julio de 2025: de 10.00 a 14.00 h

Para a inscrición e máis información, no teléfono 981 871 342 ou no e-mail: fundartes@fundartes.gal 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio
Salón da Cooperativa