Evento: Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
venres, 20 xuño, 2025 a domingo, 22 xuño, 2025
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular

O noso baile e música de raíz volven ateigar o Gaiás de muiñeiras e aturuxos, de alalás e pandeiradas: o *Serán *regresa á Cidade da Cultura —encadrado na programación destas Letras Galegas 2025— e coincidindo ...

O noso baile e música de raíz volven ateigar o Gaiás de muiñeiras e aturuxos, de alalás e pandeiradas: o Serán regresa á Cidade da Cultura —encadrado na programación destas Letras Galegas 2025— e coincidindo co arranque do verán e a celebración do Día Europeo da Música.
Entre o 20 e o 22 de xuño de 2025, ata un milleiro de artistas, intérpretes e especialistas na música e o baile tradicional de Galicia reuniranse na Cidade da Cultura neste IV Encontro Galego de Cultura Popular.
Novamente con Quique Peón como director artístico, o Serán’04 convídate a tres días de foliada nun encontro para tocar, cantar e bailar, para reencontrarnos, celebrar a nosa cultura propia e amosar a todo tipo de público a creatividade e riqueza da música e do baile galego.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo
Metrika
18 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5