Evento: O retorno do máxico

O retorno do máxico
xoves, 15 maio, 2025 a sábado, 28 xuño, 2025
Rúa do Franco,
Santiago de Compostela

O retorno do máxico

Exposición das artistas madrileñas Consuelo Chacón e Patricia Mateo e o artista, tamén madrileño, José Luis López Moral.  

Exposición das artistas madrileñas Consuelo Chacón e Patricia Mateo e o artista, tamén madrileño, José Luis López Moral.
Este proxecto multidisciplinar, que transita fotografía, pintura, vídeo, instalación e son, adéntrase dende a arte, a experiencia e a natureza no universo das meigas, do patrimonio botánico e da tradición galega, no imaxinario das lendas e das supersticións, nos saberes populares que tan firmes alicerces teñen construído na cultura senlleira do noso país. 
A partir dunha profunda investigación e un intenso traballo de campo, percorrendo moitas trazas da xeografía galega e indagando nas febras da tradición e da memoria, con obras de pintura, fotografía e instalación, Consuelo Chacón, Patricia Mateo e Jose Luis López Moral sumérxennos en mundos máxicos, cheos de simbolismo e ambigüidade, atmosferas de ensoñación e simulacro que transitan entre o real e o ficticio, reivindicando o valor da sabedoría popular e da natureza, a rica raíz da identidade cultural galega, o papel das 'bruxas' e dos relatos que se tecen nas marxes do discurso sistémico. Sempre na procura de interpelar e situar ao público, nun estado simbiótico de cuestionamento, estrañeza e fascinación, para que, na procura de respostas, só atisven preguntas, nas que tal vez, atoparse a un mesmo, a unha mesma.
Comisariada por Paula Cabaleiro.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n