Evento: Esculturas do vento, entre a fe e a fantasía nos tellados de Compostela

Esculturas do vento, entre a fe e a fantasía nos tellados de Compostela
luns, 12 maio, 2025 a venres, 6 xuño, 2025
Plaza de San Martiño,
Santiago de Compostela

Esculturas do vento, entre a fe e a fantasía nos tellados de Compostela

Exposición realizada polo alumnado de 3º da ESO do IES Cacheiras (Teo) sobre as gárgolas de Compostela.

"Esculturas do vento. Entre a fe e a fantasía nos tellados de Compostela" é unha mostra dedicada ao fascinante mundo das gárgolas compostelás.

A exposición recolle traballos plásticos —debuxos e esculturas— realizados polo alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA) de 3o da ESO do IES de Cacheiras, que reinterpretan con creatividade e sensibilidade estas singulares figuras que habitan os tellados da cidade.
O proxecto conta tamén coa colaboración do alumnado dos ciclos de Artes Gráficas do CIFP Compostela, responsable do deseño e realización da cartelería, o díptico e o roll up da mostra. As fotografías das gárgolas que serven de inspiración son obra do fotógrafo Álvaro Trillo.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 6 de xuño. Durante este período, as persoas visitantes poderán votar polas súas gárgolas favoritas nas categorías de debuxo e escultura.
Unha oportunidade única para redescubrir Santiago de Compostela a través da ollada artística da mocidade.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia