Evento: Nunca deixará de chover no meu cinema

Nunca deixará de chover no meu cinema
mércores, 30 abril, 2025 a sábado, 7 xuño, 2025
Praza de Cervantes,
Santiago de Compostela

Nunca deixará de chover no meu cinema

Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) está a celebrar trinta anos facendo filmes, desde Compostela para o mundo. A mostra /Nunca deixará de chover no meu cinema /percorre estes anos adicados a unha pr...

Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) está a celebrar trinta anos facendo filmes, desde Compostela para o mundo.
A mostra Nunca deixará de chover no meu cinema percorre estes anos adicados a unha profesión que o recoñece como un dos autores máis relevantes do audiovisual contemporáneo galego. 
Nos diferentes espazos da Zona C amósase unha escolma de materiais feita polo propio cineasta que achega o público ao proceso creativo e técnico que se atopa tras o seu traballo: carteis, guións, documentos, fotografías de rodaxes e de actores e actrices, hoxe xa con longa traxectoria, xunto a outros materiais relacionados co seu traballo, na que será unha experiencia enriquecedora para quen queira afondar no seu traballo.
Unha ollada que é reflexión sobre a propia cidade, sobre esa Compostela na que vive e na que desenvolve moitos dos seus proxectos; esa cidade que é punto de partida e de retorno e na que sendo aínda novo decidiu rodar a súa primeira curtametraxe Hay que joderse (1995). Esta peza, amateur naif,  seria o comezo da súa prolífica carreira.
 
 
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia