Evento: Redescubrindo Ourense. Letras galegas: cancioneiro popular galego

Redescubrindo Ourense. Letras galegas: cancioneiro popular galego
venres, 16 maio, 2025 - 11:30
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Redescubrindo Ourense. Letras galegas: cancioneiro popular galego

Roteiro guiado

Neste mes teremos o roteiro especial polo día das Letras Galegas "Cancioneiro popular galego". A través del exploraremos a rica tradición musical galega, achegándonos ás cancións que definiron o espíritu do pobo galego e que seguen a influir na nosa identidade cultural. 

Descubriremos o legado sonoro que se mantén vivo, conectando con espazos e xiros históricos coas melodías que falaron ao corazón de Galicia ao longo dos séculos. 

A saída será dende a biblioteca ás 11.30 h.

Inscricións dende o venres anterior nos números de teléfono: 988 788385 / 386

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Visita ao campamento de Aquae Querquennae
19 de setembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Roteiro A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela
11 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal