Evento: Vilablues Fest

Vilablues Fest
xoves, 15 maio, 2025 - 21:00
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

Vilablues Fest

Adrian Costa Blues Band + Koko-Jean & The Tonics

Desde o corazón do blues, Adrian Costa Blues Band trae a Vilablues toda a forza e autenticidade dun xénero que vive en cada nota que interpretan. Liderada por Adrian Costa, un músico de renome internacional cunha traxectoria que o levou aos escenarios máis destacados do mundo, a banda combina paixón, mestría e un profundo respecto pola tradición bluesera.
A enérxica banda barcelonesa Koko-Jean & The Tonics segue deixando pegada na escena musical co seu inconfundible estilo que fusiona soul e rhythm and blues.
Con Miss Koko-Jean Davis deslumbrando á fronte coa súa poderosa voz, acompañada de Dani Baraldés á guitarra, Víctor Puertas ao Hammond e Marc Benaiges á batería, a banda continúa conquistando públicos coa súa proposta fresca, enérxica e auténtica.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe
Moon Cresta
7 de xuño
Sala Guión