Evento: Priscilla Monge
Priscilla Monge
venres, 6 xuño, 2025 a domingo, 7 setembro, 2025
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3,
Santiago de Compostela Priscilla Monge
A exposición reúne obras de todas as etapas da artista Priscilla Monge
incidindo en aquelas cunha especial significación social e propón revisar a
sua obra coma un traballo anticipatorio e seminal das preocupac...
A obra de Priscilla Monge, foi frecuentemente incluida na escena posconceptual latinoamericana dos noventa, pero hai que ter en conta que neses anos nin Costa Rica nin a rexión centroamericana á que pertence figuraban nos mapas da arte latinoamericana recoñecida internacionalmente.
As súas pezas están situadas entre as dimensións significativas do verbal e do visual dos signos e as representacións. Como ela mesma afirma: “Atópanse nun espazo fractal, ese espazo entre a palabra e a imaxe e viceversa. É nese límite onde a arte xera un lugar seguro e de busca espiritual e seguramente de cambio”.