Evento: Como se fixo Cinza

Como se fixo Cinza
martes, 22 outubro, 2024 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Como se fixo Cinza

Charla a cargo de Manel Cráneo e Xavier Alcalá

Manel Cráneo e Xavier Alcalá falarannos da súa novela A nosa Cinza e explicarán o proceso creativo de adaptación da mesma a banda deseñada. A obra percorre os anos da ditadura desde a mirada inocente de Xoán, un rapaz que pasa da infancia á adolescencia marcado pola situación social da época: primeiras amizades, primeiros amores, primeiros desenganos na vida e o constante peso da represión educativa e relixiosa. Unha obra vixente que acada unha nova vida no formato de novela gráfica editado por Demo Editorial.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Actividade enmarcada no programa de dinamización lingüística falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

250530_cartel_negueira
O monte é noso
30 de maio
Local social de Negueira de Muñiz
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense