Evento: Verba volant picta manent
Verba volant picta manent
mércores, 17 xullo, 2024 a venres, 4 outubro, 2024
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela Verba volant picta manent
Conmemoración dos 25 anos de programación expositiva do Museo
Esta é unha mostra que recolle un percorrido dos vintecinco anos de traballo expositivo do Museo a través dunha selección das obras procedentes das mostras temporais. Organízase atendendo aos diferentes programas expositivos que o centro foi configurando, de aí o seu nome: as exposición son efémeras (volant), pero os fondos permanecen (manent).
Conta cun total de 117 pezas de 50 artistas que integraron no seu día as mostras expositivas que acolleu o museo.
A explicación e o contido pormenorizado pódese consultar nesta ligazón do museo.