Evento: Danza 3 | Cantigas e Agarimos

  • Espectáculo de música e baile tradicional Danza 3
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
xoves, 16 maio, 2024 - 20:30
Auditorio Municipal,
Oroso

Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Actuación musical da agrupación Cantigas e Agarimos, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

Na véspera do Día das Letras Galegas, a agrupación de danza e música tradicional Cantigas e Agarimos sae ao encontro do público Auditorio Municipal de Oroso, para ofrecer un repertorio de pezas musicais recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de tocadoras e tocadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotiá deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ramona Órbita. A dona do tempo, Pakolas
Ramona Órbita. A dona do tempo
22 de novembro
Biblioteca de Galicia
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés