Evento: PINTURA SOBRE SEDA

  • obradoiro_seda
PINTURA SOBRE SEDA
venres, 10 maio, 2024 - 16:30
Museo de Belas Artes,
A Coruña

PINTURA SOBRE SEDA

OBRADOIRO PARA ADULTOS

O taller vai dirixido a alumnado non iniciado. Trátase dunha introdución en técnicas de pintura en seda e o fixado da cor. Analizaremos as súas características, procesos e diferentes aplicacións, desde traballos con guta, ata texturas e técnica de acuarela sobre seda. As prácticas realizaranse sobre habotai, seda que recolle moi ben a cor e adáptase ás propostas.

Destinatarios: público adulto non iniciado.

Prazas: 15

Prezo: 30€ (Amigos Museo 25€)

Lugar:Museo de Belas Artes da Coruña

Monitor:  Isabel Pintado

Datas: Venres 19 e 26 de abril, 3 e 10 de maio.

Horario: 17:00 a 19:30 h.

Inscrición:

  • Reserva de praza:

Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina a partir do luns 8 de abril ás 10 horas.

  • Pago da matrícula:

Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal ou ben entregalo no propio museo.

  • Para máis información:

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/obradoiro-para-adultos-pintura-sobre-seda

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ex libris: estampa os teus libros
15 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro de bordado fotográfico en papel
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Xogando coas letras - mércores 17
17 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense