Evento: Feira do Viño de Pantón
Feira do Viño de Pantón
Feira do Viño de Pantón
Festa de Interese Turístico
A Feira do Viño de Pantón sucédese cada ano nesta localidade a mediados do mes de maio para enxalzar a viticultura da zona, cuxo carácter diferenciador vén dado pola súa situación xeográfica ao atoparse entre as ribeiras de tres ríos (Cabe, Sil e Miño), que producen cadansúas uvas con características propias que deste xeito resultan determinantes no produto final.
Durante toda a fin de semana sucédense actuacións musicais e charangas.
O sábado celébrase tamén a Romaría-Festa da Empanada que ademais de exaltar este produto permite a relación de veciños e visitantes compartindo empanada, viño e música.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

1 de maio a 4 de maio

9 de maio a 11 de maio