Evento: El cubo perfecto
El cubo perfecto
En 1986 Brian Ou´Doherty publica o seu ensaio “Dentro do Cubo Branco” en Nova York. Este médico irlandés, que abandona a medicina para consagrarse á arte como artista plástico e crítico, é o culpable da existencia de espazos como esta galería. Un cubo branco, aquela habitación na que se anulan as xanelas, branquéanse as paredes e proxéctase a fonte luminosa desde o teito.
En matemáticas, un cubo perfecto é o resultado de multiplicar un número en por si tres veces ou que posúen raíces cúbicas exactas. Se toda a programación da galería vira ao redor da dualidade, neste caso elévase a dupla ao cubo da man de oito artistas: Alba Galocha (Santiago de Compostela), Alberto Ash (Vigo), Enay Ferrer (Carcas), Iván Prieto (O Barco de Valdeorras), Lara Pintos (A Coruña), Lula Goce (Baiona), Mario Soria (Barcelona) e Mery Pais (Santiago de Compostela).