Evento: A banda da Loba

A banda da Loba
xoves, 28 decembro, 2023 - 20:30
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

A banda da Loba

O 28 de decembro, A banda da Loba pechará, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a súa xira Xabón Lagarta.  

Este espectáculo baséase no universo vital das lavandeiras e detense nos lavadoiros como espazo de reflexión e insubmisión, como lugar onde tecer esa rede de coidados e afectos coa que enfrontar o día a día, onde poder expresar as preocupacións e os desexos máis prohibidos, rebelándose contra un sistema que 'sabéndonos imprescindibles, nos nega dende a raíz'.
A banda da Loba vén de percorrer, ao longo dos últimos sete anos, todos os recunchos da xeografía galega e algunhas cidades do estado español, acadando unha recepción máis que positiva das súas músicas, nas que as mensaxes máis comprometidas se visten de ritmos diversos estilisticamente e melodías pegañentas, para cantar e bailar, sen deixar a ninguén indiferente.
Promete ser unha noite máxica, na que as lobas, rodeadas de amizades, poñerán un punto e seguido na súa andaina musical para somerxerse, no vindeiro 2024, no proceso creativo do seu seguinte traballo discográfico.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións