Evento: O sangue das pantasmas, unha viaxe ás sombras de Santiago

O sangue das pantasmas, unha viaxe ás sombras de Santiago
xoves, 23 novembro, 2023 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

O sangue das pantasmas, unha viaxe ás sombras de Santiago

Roteiro con Manuel Gago

A literatura e a tradición oral galega sempre situou as historias de aparecidos no rural, pero as cidades galegas están cheas de historias de pantasmas. Santiago de Compostela é un dos espazos urbanos nos que conviven pantasmas de diferentes xenealoxías: desde os vellos defuntos da tradición oral galega, ata toda unha colección de pantasmas de mansión, ouveantes defuntos da literatura gótica do século XIX, combates relixiosos e mesmo aparicións do cine de terror dos anos 70.

O xornalista e profesor Manuel Gago, guiaranos neste roteiro que percorrerá a esquecida memoria das pantasmas compostelás, a traza de antigas crenzas e as influencias culturais recibidas polos habitantes da cidade.

Dirixido a público adulto. Máximo 25 participantes.

As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
Redescubrindo Ourense: O Ourense Medieval
21 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense