Evento: Bailar agora

Bailar agora
sábado, 6 abril, 2024 - 21:00
Teatro Principal,
A Estrada
Espectáculo de danza a cargo de Marta Alonso Tejada

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí  e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  

Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótasenos proxectándonos nun futuro que nunca chega. BAILAR AGORA propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento,  investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física.    

BAILAR AGORA pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

361º
28 de abril, 18:00
Auditorio Municipal de Vigo - Vigo - Pontevedra
Concerto PunkInfantil
28 de abril, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Smoke on the water
28 de abril, 19:30
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense
28 de abril, 20:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña