Evento: Nils Frahm

Nils Frahm
xoves, 23 novembro, 2023 - 21:00
Rúa do Preguntoiro, 23,
Santiago de Compostela

Nils Frahm

Nils Frahm xa é todo un referente no seu estilo e o seu primeiro concerto en Galicia dentro de O GOZO FESTIVAL promete unha viaxe alternativa ao que estamos afeitos escoitar, nunha experiencia musical inesqueci...

O músico, compositor e produtor alemán comezou a tocar o piano desde moi pequeno e ao longo dos anos foi desenvolvendo un enfoque único para a música. Redefinindo como poucos o uso do piano na escena contemporánea, o artista berlinés mestura con enorme talento e elegancia composicións de corte clásico con electrónica sutil, creando unha experiencia sonora emocionante e envolvente.
Cos seus dous primeiros discos xa empezou a gañarse o favor de prensa e público, pero foi co seu terceiro disco “Felt” cando logrou o éxito e recoñecemento a nivel mundial. No seu último traballo ‘’Music for Animals’’, busca transportarnos a sons oníricos e ambientais que nos afasten do ritmo atarefado das nosas realidades cotiás e volve apreciarse a súa vontade de converterse nun refuxio para públicos que se resisten ás dinámicas de vertixe ás que nos arrastra o noso día a día acelerado.
Coñecido polos seus impactantes shows, a súa habilidade tamén como interprete lévalle a lograr unha atmosfera moi especial nos seus directos. Ao seu paso polo prestixioso festival, Primavera Sound definía a súa música á perfección: “que os sons de Nils Frahm son un refuxio para públicos necesitados de pausa nun mundo que vai de xeito evidente demasiado rápido púidose comprobar na súa preciosa actuación ( ) Todo o que toca vólveo fermoso”
Case 18 anos despois do seu debut e a pesar da súa mocidade, Nils Frahm xa é todo un referente no seu estilo e o seu primeiro concerto en Galicia dentro de O GOZO FESTIVAL promete, sen dúbida, unha viaxe alternativa ao que estamos afeitos escoitar, nunha experiencia musical inesquecible para os asistentes.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria