Evento: Atardecer no Gaiás 2023: Lontreira

Atardecer no Gaiás 2023: Lontreira
venres, 11 agosto, 2023 - 21:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás 2023: Lontreira

Concerto da banda galega.

LONTREIRA é o nome dunha praia da Illa de Arousa, pero tamén somos nós. 

Coñecémonos en Churruca, Vigo, e coa diversidade musical das súas rúas, descubrimos un interes común: Expresar a través de sons. Cando o noso tema ?Corazón de toxo? resultou gañador da Canción do verán, a motivación empuxounos a crear APNEA, o noso primeiro álbum. Apnea nace cuns irmáns maiores moito máis electrónicos que non quixemos esquecer e seguimos levando connosco. Máis despois de ver que o noso interese común era expresar desde a raíz de todo, a natureza, Apnea volveuse un conxunto de sons e culturas do mundo.

Unha mestura de efectos visuais e sonoros manteñen a vista de calquiera pegada ao escenario, pois tres únicas persoas conseguen reflectir no directo todo e máis do que se pode ter escoitado previamente en Apnea.

  • Lontreira - A Fonte (Vídeo Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións