Evento: Ultracuerpos

Ultracuerpos
venres, 16 xuño, 2023 - 22:30
Sala Mardi Gras,
A Coruña

Ultracuerpos

Concerto de rock & roll.

Ramone Ramón (guitarra), Kiko The Jams (guitarra), Mikelini Martinez (baixo) e Óscar Caramés de High Time (batería), acompañados de Álvaro  Dorda, que toma a praza deixada por Rodiggy Pop Thee Virus- na voz, poñen en marcha os Ultracuerpos. Debutan como teloneiros dos Black Halos, abandonando o punk rock para achegarse ao rock and roll.

A banda ten a súa base en Mandrágoras, formación na que nos atopamos a Miguel (baixo), Kiko (guitarra) e Álvaro (voz) desde o 93 ata o 98, tirando do garage e a psicodelia. Logo viñeron Thee Virus e finalmente Ultracuerpos.

Apadriñados polo selo de Alberto Lodeiros, O Beasto, non tardan en gravar o seu primeiro LP: Plan 9 from Outer Space (O Beasto, 2001). Un traballo producido en Coruña por José Martínez Bonham, nos estudos que levan o seu nome. O deseño de portada corre a cargo de Álvaro Dorda. Trátase dun traballo que desprende enerxía primigenia por milleiros, que supura rock and roll.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións