Evento: TRC Danza. Acciones sencillas

TRC Danza. Acciones sencillas
venres, 1 decembro, 2023 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

TRC Danza. Acciones sencillas

Espectáculo de danza.

Un móvese desde sempre, nace movéndose. Ve a outros corpos movéndose e aprende a entender a sensación que eses movementos que ve albergan. Unha anda e sente a sensación que xa imaxinara que tiña esa a a que viu andando, antes que ela. Un aprende a virar porque capta a enerxía que emana do que vira. Un salta, unha cae, un toca, unha abraza, entrelázase. Un ve un paxaro e pode imaxinar o que sente o paxaro ao voar. Pero uno non pode voar. Unha baila as primeiras veces sen saber aínda que o que fai ten un nome. Logo ve a xente que se move de formas prodixiosas. Parece que voan, parece que viran eternamente, parece que teñen pernas que parecen brazos. Pregunta: que é iso? Respóndenlle: están a bailar.
E entón sabe que el tamén quere bailar, porque xa sente o que esoutros corpos están a sentir pero quere sentilo aínda máis, necesita sentir o que hai neses límites. Aí comeza un camiño.

Máis eventos de tipo Espectáculo

O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro
Circonove
31 de decembro
Casa da Cultura. Circanelo, con Alfredo Pérez Muiño
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal