Evento: As cunchas baleiras

As cunchas baleiras
mércores, 31 maio, 2023 - 20:30
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

As cunchas baleiras

Presentación do libro de Branca Novoneyra.

Dez anos tardou Branca Novoneyra en escribir As cunchas baleiras, un libro que recolle unha serie de reflexións sobre o país e sobre a enfermidade, mais tamén sobre a propia natureza da política, na que ela se involucrou activamente durante unha década. Estes versos escuados ao tempo son testemuño da experiencia e da observación introspectiva, posición que lle permite construír unha particular linguaxe simbólica e mítica, propia da poesía da imaxinación. O silencio –asegura– vale máis que calquera concesión libresca e de acordo con ese principio, practica unha estratexia de máxima esixencia: concentra a palabra, ténsaa, próbaa no tempo e, se descubre que é verdadeira, gárdaa. A súa poesía está concibida para soster o pensamento desde un enunciado fragmentario, algo que en As cunchas baleiras se fai patente como en ningún dos libros que ata agora publicase. Compostela, por suposto, é a cidade das cunchas baleiras. No acto, que terá lugar o mércores 31 de maio ás 20h30 na Libraría NUMAX, a autora estará acompañada do editor Antón Lopo e da poeta Olalla Cociña.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense