Evento: VII La Room Electrónica: Dj Pepo
VII La Room Electrónica: Dj Pepo
José María Álvarez do Real aka DJ Pepo é un dos artistas españois de música electrónica máis influentes e queridos dos últimos 30 anos tanto en España como fóra das nosas fronteiras.
Desde os seus inicios a finais dos 80, e influenciado por artistas da talla de Front 242 ou Orbital, cos que actuou en diversas ocasións, Dj Pepo evolucionou xunto á música ao longo deste tempo pasando por unha ampla variedade musical. Desde funky, house pasando por jazz, ata os sons máis duros nos que está centrado actualmente nas súas sesións de música techno, Dj Pepo sempre se caracterizou por ser un dos artistas máis polivalentes da música electrónica, conseguindo un son propio e unha maneira de mesturar inconfundible.
Os seus sets a 3 e 4 pratos cheos de ritmo e contundencia, sempre se caracterizan pola súa gran espectacularidade, estar cheos de ritmo e un carácter completamente eléctrico, chegando ao público ao instante coa súa forma viva e cegadora de mesturar.
Trátanse de auténticas bombas de reloxería en forma de música que baña os sentidos, facendo de calquera evento polo que pasa unha ocasión para escoitar matices electrizantes e manobras inesperadas.
Máis eventos de tipo Festival