Evento: Miguel Iglesias
Miguel Iglesias
Miguel Iglesias fai de cada actuación unha festa onde participa todo o público. Logo deste parón forzoso pola corentena volve pisar os escenarios para presentarnos a súa música en formato persoal e reducido. Concerto con dous pases, no primeiro Miguel Iglesias fará un repaso das súas cancións e no segundo obsequiaranos con versións case á carta.
Miguel Iglesias é guitarrista, cantante e compositor cun estilo que mestura Rock and roll e eléctrica. O seu Primeiro álbum publicado foi El Bar de Juan no Ano 2008 e o seu Segundo álbum El Mar y Yo no Ano 2014. O cantante ofreceranos un concerto especial coas súas mellores versións de Burning, Madeiro, etc e temas propios como «Sei que non bebes» entre outros? para pasar unha marabillosa noite.
Máis eventos de tipo Concerto



