Evento: Tarzán, o musical
Tarzán, o musical
A primeira tradución e adaptación ao galego da novela Tarzán dous monos de Edgar Rice Burrouhs volve a Vigo para cativar a atención de todos os públicos. Un musical convertido nunha festa, unha diversión para toda a familia.
A función conta con moito humor, bailes e cancións para conseguir que o público senta parte integrante desta gran familia de monos, patos, gorilas, crocodilos e exploradores.
A obra céntrase no personaxe ficticio do neno orfo criado por gorilas na selva. Unha gorila atopa a Tarzán, decide adoptalo como o seu propio fillo e o crían entre toda a manda. Será unha aventura épica chea de emocións, onde a historia vira en torno ao concepto da familia, o amor, a pertenza e a aceptación.
A adaptación da longametraxe infantil de Disney, o clásico cinematográfico Tarzán (1999), será apta para todos os espectadores e en concreto dirixida ao público infantil.