Evento: Silvia Pérez Cruz
Silvia Pérez Cruz
Sílvia Pérez Cruz (Palafrugell, Xirona, 1983) é unha das voces máis sobrecogedoras que apareceu nos últimos tempos; en palabras de Jorge Drexler, unha voz que marca unha xeración. É compositora ademais de cantante, e fala a linguaxe da música desde que ten uso de razón: creceu entre cancións populares ibéricas e latinoamericanas, educouse no clásico e o jazz. Contaxiada polo flamenco a través dunha conexión que parece sobrenatural, canta dunha forma que só é súa e estremece.
Sería imposible encadrar a Sílvia Pérez Cruz nun só estilo. É versátil e inconfundiblemente persoal. Dúas calidades que raramente coinciden e en cambio a ela defínena. É fiel aos diferentes estilos que aborda sen deixar de ser, en ningún momento, ela mesma.
Estudou entre os 4 e os 23 anos un amplo rango de materias relacionadas coa música: solfexo, saxo e piano clásicos, caixón, harmonía, canto (jazz e flamenco), improvisación, arranxos, saxo (jazz), composición. É licenciada en canto jazz pola ESMUC.



