Evento: Caricaturas de Antano

  • Cartaz Emilio Alonso Freiría
Caricaturas de Antano
martes, 25 abril, 2023 a mércores, 31 maio, 2023
Pavillón Municipal de Panxón,
Nigrán

Caricaturas de Antano

Exposición do artista Emilio Alonso Freiría

"Caricaturas de Antano" é a exposición do artista Emilio Alonso Freiría, oriundo de Paxón e falecido precisamente o 25 de abril de 2021 (A Guarda), que acolle por primeira vez os retratos orixinais de 21 personaxes ilustres e/ou populares da comarca dos anos 50 e xa falecidos, polo que o compoñente emocional desta mostra é indubidable e, por iso tamén , se fixo coincidir a inauguración co cabodano de Emilio a modo de homenaxe. A exposición, tamén contén os seus debuxos orixinais e de edificios como o Templo Votivo ou o Monumento á Mariña e algunha festa popular, estará aberta ata o 31 de maio de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres na entrada do Pavillón Municipal de Paxón, lugar elixido por ser el mesmo oriundo desta parroquia á que sempre mostrou o seu gran afecto pese a pasar boa parte da súa vida en A Guarda. 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións