Evento: Jella Lepman (1891-1970), gran impulsora da literatura infantil e xuvenil
Jella Lepman (1891-1970), gran impulsora da literatura infantil e xuvenil
A biblioteca cede o espazo para a charla "Jella Lepman (1891-1970), gran impulsora da literatura infantil e xuvenil" na que se falará da súa obra e do seu libro autobiográfico "Un puente de libros infantiles".
Jella Lepman (Stuttgart, 1891-Zurich, 1970), unha muller descoñecida para moitos e sen a que a literatura infantil e xuvenil sería hoxe algo completamente distinto do que coñecemos.
A ela débeselle, en boa parte, que hoxe vexamos os libros infantís como un posible alicerce para que as nenas e nenos crezan na comprensión doutras persoas e outros pobos. Tamén foi a pioneira dos primeiros pasos e iniciativas de promoción da lectura e da mellora dos libros infantís. E o traballo de non poucas persoas en todo o mundo nútrese das institucións que fundou e impulsou ata a súa morte.
Participarán no acto Luis Daniel González, ensaísta e crítico de Literatura Infantil e Xuvenil e Teresa Zataraín, xornalista e editora de Creotz Ediciones, de Vigo, compañía editora do libro de Jella Lepman.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.