Evento: Letras Galegas 2023: Os camiños galegos na andadura de Fernández del Riego
Letras Galegas 2023: Os camiños galegos na andadura de Fernández del Riego
Dende o ano 1963 celebramos cada 17 de maio o día das Letras Galegas grazas a tres membros da Real Academia Galega. Un deses membros foi Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano 2023.
Intelectual prolífico e loitador infatigable pola galeguidade, Paco del Riego ten unha amplísima obra que abarca case todos os xéneros. Nesta escolma bibliográfica que ofrecemos na súa honra poderedes atopar desde biografías que realizou sobre outras figuras da cultura galega, epistolarios con amigos e intelectuais coetáneos, memorias e autobiografías sobre as súas odiseas, ademais de ensaios de temática diversa, desde a historia da literatura galega e as peregrinacións xacobeas ata a cultura do viño.
Esta mostra pode visitarse no andar baixo, na zona de Fondo Local durante o horario de apertura da biblioteca no mes de maio.