Evento: José Manuel Montero e Juan Ramón Hernández

José Manuel Montero e Juan Ramón Hernández
sábado, 4 abril, 2015 - 19:00
Igrexa de San Fiz,
Santiago de Compostela

José Manuel Montero e Juan Ramón Hernández

O tenor e o arpista trasladan os espectadores ao mundo poético-musical da vida de santa Teresa de Jesús

O tenor José Manuel Montero e o arpista Juan Ramón Hernández presentan un programa concibido para trasladar ao espectador unha impresión do que puido ser o mundo poético-musical na vida de santa Teresa de Jesús… Recitados e cantados, co acompañamento de arpas históricas (unha delas copia dunha existente no abulense Convento da Encarnación), poderemos apreciar a linguaxe directa e sinxela dos poemas e romances de santa Teresa… As músicas son de autores coñecidos da época (Alonso Mudarra, Antonio de Cabezón ou Diego Fernández de Huete) e tons empregados na liturxia e en cerimonias civís e relixiosas.

Este concerto forma parte do programa do Festival de Músicas Contemplativas, que se celebra en espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Ainhoa Arteta
17 de abril
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Marlon
17 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5