Evento: Literatura Checa

Literatura Checa
luns, 17 abril, 2023 a venres, 16 xuño, 2023
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Literatura Checa

Mostra bibliográfica

Nesta mostra bibliográfica queremos achegar desde múltiples perspectivas a cultura, lingua e literatura checa durante os últimos séculos, a través dos libros e filmes de autoras e autores nacidos no territorio que actualmente é a República Checa.

A biblioteca presenta unha gran variedade de obras de diferentes xéneros: novela, poesía, ensaio, banda deseñada, álbum ilustrado e cine procedentes de autores e autoras dos séculos XIX, XX e XXI e realizadas en varias linguas: checo, castelán, galego, alemán, francés e ruso.

Nesta selección de máis de 100 libros e películas están escritores de fama mundial como Franz Kafka, Rainer Maria Rilke, Jaroslav Hašek, Eduard Bass, Bohumil Hrabal, Karel Čapek, Milan Kundera, Václav Havel ou Miloš Urban; cineastas como Miloš Forman, Jiří Menzel ou Jan Svěrák; e ilustradores como Miroslav Šašek e Peter Sís.

Tamén outros escritores máis descoñecidos como H. G. Adler, Vladimír Holan, Pavel Kohout, Jiří Kratochvil, Arnost Lustig, Jiří Orten, Leo Perutz, Josef Škvorecký, Jiří Suchý, Jáchym Topol, Michal Viewegh, Jiří Weil, etc.

E as escritoras checas máis actuais do panorama literario internacional: Monika Zgustová, Iva Procházková, Radka Denemarková, Iva Pekárková, Katerina Tucková e Anna Cima.

Pode visitarse no 2º andar desde o 17 de abril ata o 16 de xuño no horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde