Evento: Romeo e Xulieta

Romeo e Xulieta
sábado, 25 abril, 2015 - 19:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Romeo e Xulieta

A gran traxedia de Shakespeare interpretada polos monicreques da compañía teatral Per Poc e a música da Real Filharmonía de Galicia

A Cidade da Cultura adiántase á celebración do Día Internacional da Danza, que se celebra en todo o mundo o 29 de abril, coa posta en escena dunha adaptación moi especial da obra Romeo e Xulietade William Shakespeare vista a través do ballet composto por Sergei Prokofiev. 

Da man da Real Filharmonía de Galicia e a compañía teatral Per Poc, a Cidade da Cultura ofrece unha obra musical protagonizada por monicreques de gran formato que darán vida aos personaxes de Shakespeare sobre a música descritiva do ballet de Prokofiev. Unha obra moi visual coa música como protagonista e onde orquestra, actores e monicreques se interrelacionan ata formar unha unidade.

+ info e venda de entradas: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/romeo-e-xulieta

Máis eventos de tipo Espectáculo

DIQUE
11 de setembro
Teatro Principal
O arcón de Noa
26 de setembro
Auditorio Municipal
Sofá
17 de outubro
Sala Bahía
DIQUE
31 de outubro
Auditorio Municipal Gustavo Freire