Evento: Lúa quere viaxar a ...Marte!
Lúa quere viaxar a ...Marte!
sábado, 25 marzo, 2023 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Lúa quere viaxar a ...Marte!
A cargo de A Xanela do Maxín
Celebramos o Día do Teatro co contacontos “Lúa quere viaxar a ...Marte!” da man de A Xanela do Maxín.
Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende á familia e ás amizades cunha gran nova: agora quere ir a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder viaxar ao planeta vermello. Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.



