Evento: Banda Municipal de Música-San Marcos: A Paixón

Banda Municipal de Música-San Marcos: A Paixón
sábado, 1 abril, 2023 - 18:00
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Banda Municipal de Música-San Marcos: A Paixón

Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, no que Nuria Lorenzo e Gabriel Alonso poñen voz a Xesús e María Magdalena. Unha maneira diferente de coñecer a Paixón de Cristo, segundo San Marcos.     

Por fin, un oratorio sobre a Paixón de Cristo orixinal para banda, concibido sen coro, mais con voces solistas líricas que representan a Xesús e a María Magadalena e unha voz narradora que pon vida ó evanxelista San Marcos, utilizando o texto do Evanxeo na súa totalidade.
Este texto é recitado polo evanxelista sobre unha música que transmite a atmosfera da historia, alternándose con arias para os cantantes, que utilizan textos dos corais existentes con música totalmente nova, integrando un todo para dar unha singular expresión á paixón de Cristo.
 
Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela
Xunta de Cofrarías de Santiago de Compostela
Director: David Fiuza
Mezzosoprano: Nuria Lorenzo
Barítono: Gabriel Alonso
Narrador: Alejandro Piñeiro
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Ainhoa Arteta
17 de abril
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Marlon
17 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5