Evento: En clave de Á
En clave de Á
En clave de Á
Ciclo de concertos de música clásica.
Achégate a gozar da música en directo na Biblioteca Ágora e aproveita para botarlle un ollo á selección de música!
O ciclo de concertos "En clave de Á" naceu como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña e a Biblioteca Ágora para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara do CSM nun espazo diferente.
Con esta colaboración queremos dar a oportunidade ao alumnado de que ensaien o seu repertorio con público real e ás nosas usuarias e usuarios de que gocen do espectáculo da música en directo entre libros.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



