Evento: Juan Compañel: editor de Manuel Murguía e Rosalía de Castro
Juan Compañel: editor de Manuel Murguía e Rosalía de Castro
xoves, 23 febreiro, 2023 a xoves, 16 marzo, 2023
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo Juan Compañel: editor de Manuel Murguía e Rosalía de Castro
Cen Anos sen Manuel Murguía (2 de febreIro), Día de Rosalía (23 de febreiro)
No mes de febreiro conmemoramos os cen anos do pasamento de Manuel Murguía e o nacemento de Rosalía de Castro, dous autores sen parangón na cultura galega aos que ademais unía a súa relación familiar. Nesta exposición queremos destacar a relación profesional, creativa e persoal do matrimonio Castro-Murguía co editor Juan Compañel na cidade de Vigo, así como salientar aquelas obras destes autores que foron editadas na nosa cidade.
Zona de exposicións da biblioteca.
Todos os públicos.