Evento: Enrique Ramil- Señoras de la canción
Enrique Ramil- Señoras de la canción
Enrique Ramil- Señoras de la canción
Concerto do cantante de Ares.
Enrique Ramil, cantante natural de Ares con máis de 18 anos de carreira, versiona ás grandes damas da música desde o seu son característico, que se sitúa nun punto de unión entre copla, jazz e fado.
A televisión axudoulle a facerse coñecido de maneira internacional, aínda que moita xente descubriuno polas súas covers en Youtube ou a súa homenaxe a Rocío Jurado en Terra de Talento, de Canle Sur.
Cantou nas rúas de Londres, salas de toda España, multitude de estudios de televisión e escenarios importantes en España e gran parte de América.
O espectáculo "Señoras de la canción" é unha viaxe de hora e media a través das mulleres que marcaron a súa historia persoal e artística.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



