Evento: Safo

Safo
sábado, 25 febreiro, 2023 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Safo

O programa de Artes Escénicas 2023 trae ao Auditorio de Galicia a estrea en Galicia desta obra da compañía FOCUS.

Safo é un poema escénico, musical e visual que explora a figura da gran poeta de Lesbos. Enigmática e misteriosa, é unha autora venerada e respectada até hoxe, que compuxo máis de dez mil versos, dos que tan só nos chegaron escasos poemas completos e versos soltos. En contraste coa clamorosa ausencia da súa obra, a súa figura lendaria non fixo máis que crecer co tempo. 
Un espectáculo de: Christina Rosenvinge, Marta Pazos, María Folguera (inspirado a partir de poemas de Safo) Cancións orixinais: Christina Rosenvinge Texto: María Folguera
Dirección: Marta Pazos Dirección musical: Christina Rosenvinge Coreografía: María Cabeza de Vaca
Reparto: Christina Rosenvinge, María Pizarro, Lucía Bocanegra, Natalia Huarte, Irene Novoa, Xerach Peñate, Lucía Rey e Juliane Heinemann
Escenografía: Marta Pazos Vestiario e caracterización: Pier Paolo Álvaro Iluminación: Nuno Meira Son: Dany Richter
 
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia
Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal