Orquestra de malabares
Unha creación da compañía Pistacatro, que nesta representación conta coa colaboración da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e unha banda municipal, creando unha relación entre música e circo, un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo.