Tendencias XXI: Austria-España
Máis de 20 anos de intensa actividade con actuacións nos máis prestixiosos escenarios de todo o mundo avalan a consolidada reputación do Wiener Klaviertrio. O seu variado programa, centrado principalmente na creación musical da primeira década deste século XXI, combina compositores españois e do país de orixe do trío, Austria, nun concerto que culminan coa Sonata de cámara escrita en 1948 polo recordado gran mestre alemán Hans Werner Henze.
Gratuíto previa retirada de entrada