Xornadas de música contemporánea

Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Portrait-György Ligeti

Este outono comeza no Gaiás xogando en familia a través da música do compositor húngaro Gyorgy Ligeti. As terceiras Xornadas de Música Contemporánea chegan un ano máis á Cidade da Cultura da man da formación de vento Zoar Ensemble e o piano de Nicasio Gradaille cun concerto pedagóxico no que poderán disfrutar grandes de pequenos.

Galego

Experimenta coa música

A través de diferentes tecnicas experimentais trataranse diversos obxectivos para poder achegar a música aos máis pequenos. Partindo do tratamento da música contemporánea experimental, os nenos non só coñecerán a música contemporánea de primeira man, senón tamén o funcionamento dunha orquestra e os instrumentos que a compoñen. O material musical constará, por unha parte, de obras xa preparadas previamente nas que o público participará de forma activa na súa interpretación.

Galego

CactusWorkestra

CactusWorkestra é unha creación plástico-sonora. Oír partindo dunha instrumentación de 20 cactos preparados e sonorizados (out of tune), en diversas constelacións, e con 20 participantes (nen@s ou moz@s). CactusWorkestra é unha experiencia baseada na performance e na acción directa: cada participante busca a mellor unión sonora e visual e axusta novos tons e sons.

Galego

AdesTempo

A música do compositor húngaro György Ligeti,de aparente complexidade, baséase en piares moi sinxelos e familiares tanto para amantes da música como para descoñecedores. Algo tan primitivo como o ritmo, a repetición, a música popular ou unhas matemáticas moi sinxelas aparecen na súa música. Ademais coñeceremos como Ligeti descubriu e xogou coa música electrónica para crear paisaxes case extraterrestres. Con todos estes conceptos xogaremos neste concerto en familia.
 

Gratuíto previa retirada de entrada
 

Galego

AdesTempo

Coa Odisea de Xurxo, a artista Ana de Alvear creou unha proposta interdisciplinar e educativa cuxo obxectivo é o de introducir a nenos e adultos na creación contemporánea, axudándolles a descubrir a capacidade que ten a música para xerar diferentes escenarios, sensacións e emocións. O Trío Arbós
será o vehículo que conduza a Xurxo a través dos once episodios con música creada especificamente para a ocasión por once compositores, completando un periplo de singulares características.
Programación didáctica, infantil,xuvenil e familiar.

Galego

Cabaret contemporáneo

A obras de clásicos modernos que se sentiron fascinados polas posibilidades expresivas deste xénero, como Schoenberg e Britten, únense dúas obras de carácter “performático” do compositor norteamericano Tom Johnson e a misteriosa composición Dolce tormento na que Kaija Saariaho se inspira nun texto da Divina Comedia de Dante.

Gratuíto previa retirada de entrada

Galego

Visións do Greco

As conexións entre os mundos musical e pictórico faranse visibles e audibles en Visións do Greco a través de novas obras de catro compositores españois que ofrecerán a súa persoal mirada á obra e á persoa de Doménikos Theotokópoulos cando se cumpre o cuarto centenario da súa morte.
O contraste a esta nova proposta do versátil e innovador conxunto galego Vertixe Sonora Ensemble xurdirá da tiorba de Fernando Reyes, que nos trasladará á época do Greco a través da música do seu contemporáneo Giovanni G. Kapsberger.

Gratuíto previa retirada de entrada

Galego

AMa AZa LaNdo, paisaxes sonoras

O pianista cubano afincado en Galicia, Alejandro Vargas, estrea a súa última creación. AMa AZa LaNdo é un fulgor de figuracións representativas de paisaxes sonoras onde se recrean ambientes do minimalismo, o orientalismo, a improvisación libre e o jazz. É un traballo de alumeamentos sonoros onde
a participación instrumental adquire un valor orquestral a través de distintas posturas, étnicas, folclóricas,populares, conceptuais, políticas... é unha reflexión da técnica pianística na amplificación de rexistros posibles cara á fantasía libre comprometida.

Galego

Sonatas para violín e piano

Sobresaínte variedade estilística encerra o ambicioso programa con tres sonatas para violín e piano que propoñen dúas talentosas figuras emerxentes do panorama musical actual, a madrileña Leticia Moreno e o francés Bertrand Chamayou. O ilerdense Enrique Granados abre un concerto no
que se poderán escoitar sonatas de xenios tan significativos como Richard Strauss ou o polaco Krzysztof Penderecki e unha nova estrea do novo compositor malagueño Oliver Rappoport.

Galego

Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

Moitos son os compositores actuais que dirixen a súa atención cara as bandas de música ou, coa denominación que se está estendendo, wind band. Cada vez é máis frecuente atopar programas de concerto de bandas cuxos compositores están en activo, vivos ou de plena actualidade compositiva.
Neste programa, a Banda Municipal de Música de Santiago ofrece unha selección de compositores dos séculos XX e XXI; o máis coñecido Paul Hindemith, quen coa súa Sinfonía en Si bemol para banda de música, colocou en 1950 unha pedra angular e un cambio de rumbo para estas orquestras de ventos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornadas de música contemporánea