Música no Claustro

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Música no Claustro 2024

Festival de música, patrimonio e creación.

Música no Claustro presenta a súa 18 edición con sete concertos de entrada libre no claustro medieval da Catedral de Tui, ás 21h, con formacións musicais como o Trio da Kali (Mali), o Moser String Quartet (Suiza), a cantora Lula Pena (Portugal), ou as propostas galegas de Faia e de Pedro Lamas, que dialogan con outras comunidades do estado español, como Laura Marchal de Andalucía ou o Tana Santana Quinteto, grupo de jazz que chega ao festival co apoio de AIE e que tende unha ponte entre Galicia e as Illas Canarias.

Galego

Yo pregunto

Unha nova promesa do jazz catalán que destaca como saxofonista e cantante e que forma parte da lista de voces femininas máis destacadas.

Eva Fernández presenta en Galicia o seu novo disco, Yo pregunto, unha selección de poemas de Pizarnik, Storni, Costafreda e Cortázar musicalizados e compostos pola cantante e saxofonista acompañada polo guitarrista Josep Munar. Enric Fuster, á batería, completa a formación.

Galego

A segunda lingua

O corpo é o corpo e o idioma é o idioma: aí onde chocan, coas palabras que se rabuñan e a pel que non alcanza a tocarse, desenvólvese A segunda lingua, o último poemario de Yolanda Castaño.

Neste libro, que estivo a piques de acadar o Premio Nacional de Poesía, basea o seu recital poético quen constitúe un dos rostros máis populares da poesía galega contemporánea.

Galego

Música de cámara. Ciclo de novos intérpretes

A ilusión e a enerxía da nova xeración musical galega mantén vivo o compromiso e a memoria de D. Ricardo García (1929-2017) en Música no claustro. Estas catro propostas, seleccionadas nun proceso aberto, recibirán un conxunto de partituras da editorial Dos Acordes. Tras a actuación, o festival ofreceralle á proposta máis destacada unha bolsa de apoio ao seu desenvolvemento musical e artístico que finalizará cun concerto na seguinte edición de Música no claustro.

Galego

De Granada a Galicia: a primeira viaxe de estudos de García Lorca

En outubro de 1916, o músico con alma de poeta, Federico García Lorca chegou por vez primeira a Galicia canda os seus compañeiros da Universidade de Granada. Unha viaxe de estudos dirixida polo mestre Berrueta da que naceu o seu primeiro libro Impresiones y paisajes. Cen anos despois, a editora Alvarellos recupera o texto de Luis Mariscal, compañeiro de estudos de García Lorca, que nos brinda un testemuño único desta viaxe pola terra de Rosalía.

Galego

Kebyart Ensemble

Kebyart Ensemble é un dos cuartetos de saxofón máis prometedores da actualidade española. Creado na ESMUC no 2014, Kebyart Ensemble inspírase na riqueza tímbrica, rítmica e estilística da música tradicional de Indonesia e doutras músicas orientais.

O ciclo “El Primer Palau”, o Concurso Permanente de Xuventudes Musicais, o Concurso Internacional de Música de Cámara Higini Anglès ou o Premio de Música de Cámara Montserrat Alavedra–BBVA son algúns dos galardóns que avalan a súa enerxética traxectoria.

Galego

Os segredos da imaxinería castelá

No Museo Nacional de Escultura están as fascinantes obras de Alonso Berruguete ou do galego Gregorio Fernández, dous nomes propios da Escola Castelá que tivo á cidade de Valladolid como epicentro no século XVI. Da man do imaxineiro Miguel Ángel Tapia, experto recoñecido na continuidade da Escola Castelá, realizamos un taller intensivo de 32 horas de duración.

Galego

Jonatan Alvarado

Coa súa natural frescura, a medio camiño entre as esferas do “popular” e do “académico”, o cantante e laudista arxentino Jonatan Alvarado preséntanos un conxunto de cancións de orixes diversas, unidas por sutís fíos narrativos, poéticos e musicais. Cancións organizadas en cinco grupos temáticos que se alternan como os paneis brillantes e refinados dun retablo renacentista. Entre estas orixes destaca o Codex Zuola, un manuscrito colonial barroco descuberto no primeiro terzo do século XX.

Galego

Caricias en braille

A XIII edición de Música no claustro convida por vez primeira a un encontro e diálogo de persoas con e sen discapacidade visual. Unha experiencia na que se poden tocar diferentes obras do legado artístico da catedral de Tui e descubrir a través do tacto os diferentes materiais e as texturas da escultura. Un itinerario de 90 minutos de duración que finaliza no propio obradoiro de imaxinería castelá que se desenvolve no claustro, coa descuberta das formas e dos aromas das ferramentas, das madeiras e dos tintes naturais.

Galego

Tina & Joe

Tina Masawi é unha das voces máis penetrantes da nova xeración musical do continente africano. A voz convértese nun xogo co seu amplo rexistro de cores e matices. Natural de Zimbabwe, en 2013 recibiu o galardón á mellor actriz de musicais de África.

Agora chega por vez primeira a Galicia canda o guitarrista español José Antonio Hernández nunha proposta de alta calidade e elegancia na que o dúo interpreta un repertorio, seleccionado cuidadosamente para a ocasión, entre clásicos retros e modernos do jazz, blues e soul.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Música no Claustro